miércoles, 14 de diciembre de 2011

Nadal 2011

Xa chegou a festa que máis nos gusta do ano, O Nadal: regalos, larpeiradas, vacacións... O mellor do mundo! Fátima trouxo da casa este cartel de Nadal e puxémolo no muro da clase.
                                                                Feliz Nadal!

jueves, 17 de noviembre de 2011

Obradoiros do Magosto

Estas son dúas mostras dos
traballos da brikcastaña feitos por 
Nefer e Maidy o día do Magosto. 
A que teñen imaxinación!

miércoles, 2 de noviembre de 2011

O Samaín

Estes días celebramos o Samaín, unha festa moi terrorífica..! Trouxemos cabazas adornadas e entramos na cova do Samaín, onde pasamos moito medo. A nosa compañeira Fátima fixo este debuxo.

martes, 25 de octubre de 2011

Visita á exposición Orixes, na Coruña

O día 25  as clases de 5º fomos ver a exposición Orixes nos xardíns de Méndez Núñez. Foi unha experiencia moi interesante e aprendemos moito sobre a evolución do ser humano.

martes, 2 de agosto de 2011

Comeza o novo curso

¡Benvidos e benvidas! Son Rafa Castro e este é o meu blog de Educación Primaria de 3º ciclo. Espero que vos sirva de axuda para aprender máis e facer a aprendizaxe máis divertida.