lunes, 10 de septiembre de 2012

Xa estamos en 6º!
 Quédanos todo un curso por diante, que vai ser o noso último curso en primaria. Imos comezar con moitas gañas e ilusión, para aprender novas cousas, afianzar as que temos xa aprendido e prepararnos para o gran paso á ESO.
Ánimo e feliz comezo de curso!

miércoles, 23 de mayo de 2012

Excursión fin de curso: tramo Palas de Rei - Melide do Camiño de Santiago

O Camiño Francés abandona Palas polo Campo dos Romeiros, tradicional lugar de encontro de peregrinos, para entrar na aldea medieval do Leboreiro. Entre O Leboreiro e Melide, cruza a aldea de Furelos e o seu río a través dunha ponte medieval para entrar na zona urbana de Melide.
O Camiño Francés abandona Palas de Rei cruzando a estrada xeral ata entrar nun camiño que conduce ata Carballal e logo a San Xulián, bonita aldea cunha igrexa e un cruceiro de interese.
Tras unha serie de baixadas e subidas chégase á Ponte Campaña, e máis adiante a Casanova. Séguese o camiño ata cambiar de provincia, deixando Lugo atrás e entrando na Coruña polo Coto para ir baixando ata O Leboreiro.


Continua despois o carreiro cruzando pequenas aldeas e o que parece unha zona industrial, á beira da estrada xeral, antes de volver internarse no bosque para chegar á ponte medieval de Furelos, pola que se chega a Melide, considerada unha das xoias da arquitectura civil do Camiño Francés.


Letras Galegas 2012

viernes, 16 de marzo de 2012

Experimento na nosa aula

O día 16 de marzo un monitor medioambiental falounos do río Mandeo e fixemos na aula un experimento para depurar auga.

lunes, 13 de febrero de 2012

Entroido 2012

Este ano os apagalumes de 3º ciclo van actuar no Burgo. Fátima, a nosa especialista e carteis das festas, fixo este:

martes, 7 de febrero de 2012

Experimentamos

Este é un experimento que preparou Ángel para Coñecemento do Medio. Animádevos a facelo na casa!

martes, 31 de enero de 2012

O Día da Paz

Todo o cole de Tarrío celebrou o día da Paz facendo un Arco da Vella con cartolinas de cores e cantando cancións. Tamén soltáronse pombas e os alumnos de 6º fixeron unha pomba moi bonita coa palabra "COOPERAR".