domingo, 27 de septiembre de 2020

 A partir de agora tedes un novo enlace chamado "TAREFAS CURSO 20-21" onde podedes ver os traballos, tarefas e probas obrigatorias para os trimestres. Está á dereita, na páxina principal do blog.

sábado, 12 de septiembre de 2020

 Ola outra vez a toda a clase! Imos empezar sexto curso despois de estar case seis meses sen estar xuntos por culpa do COVID, aínda que non deixamos de estar en contacto para traballar e vernos a través de Meet. Por se esquecéchedes como entrar en Classroom,  aquí poño un videotutorial de axuda. Feliz entrada de curso!