lunes, 22 de octubre de 2018

Hoxe foi a elección de delegados e delegadas no CEIP de Tarrío. Na nosa aula de 6ºA saíron elexidas Lucía e Paula como delegada e subdelegada, respectivamente. Parabéns ás dúas!

domingo, 21 de octubre de 2018

Esta semana imos estudar o funcionamento do corazón un pouco máis en profundidade. Aquí tedes os enlaces aos vídeos.



viernes, 5 de octubre de 2018

Saída a un concerto de pulso e púa

Hoxe venres 5 de outubro de 2018 os alumnos e alumnas de 6º curso fixemos unha saída ao auditorio de usos múltiples de Culleredo para asistir a un concerto de pulso e púa. A verdade é que o pasamos moi ben porque os intérpretes tocaron, fixeron xogos e charlaron cos alumnos e as alumnas.





lunes, 1 de octubre de 2018

Comezo do PLSS

Hoxe baixamos ao patio para facer unha lectura en común porque comezamos o Plan de Lectura Silenciosa Sostida, como todos os cursos. Feliz lectura!