miércoles, 23 de mayo de 2012

Excursión fin de curso: tramo Palas de Rei - Melide do Camiño de Santiago

O Camiño Francés abandona Palas polo Campo dos Romeiros, tradicional lugar de encontro de peregrinos, para entrar na aldea medieval do Leboreiro. Entre O Leboreiro e Melide, cruza a aldea de Furelos e o seu río a través dunha ponte medieval para entrar na zona urbana de Melide.
O Camiño Francés abandona Palas de Rei cruzando a estrada xeral ata entrar nun camiño que conduce ata Carballal e logo a San Xulián, bonita aldea cunha igrexa e un cruceiro de interese.
Tras unha serie de baixadas e subidas chégase á Ponte Campaña, e máis adiante a Casanova. Séguese o camiño ata cambiar de provincia, deixando Lugo atrás e entrando na Coruña polo Coto para ir baixando ata O Leboreiro.


Continua despois o carreiro cruzando pequenas aldeas e o que parece unha zona industrial, á beira da estrada xeral, antes de volver internarse no bosque para chegar á ponte medieval de Furelos, pola que se chega a Melide, considerada unha das xoias da arquitectura civil do Camiño Francés.


Letras Galegas 2012