lunes, 31 de diciembre de 2018

viernes, 28 de diciembre de 2018

Patinaxe no Burgo

Esta semana fomos á pista de patinaxe sobre xeo que está instalada no Burgo. Pasamos unhas horas moi divertidas! Se fas clic na imaxe poderás ver un vídeo da actividade.




sábado, 8 de diciembre de 2018


Se premes na imaxe de abaixo terás un enlace á noticia sobre o Pleno Infantil 2018 publicada na Voz de Galicia.


O mércores 5 de decembro o alumnado de 6º curso foi, coma todos os anos, ao Pleno Infantil do Concello de Culleredo, onde explicou as súas propostas para a mellora e arranxo de distintos lugares do Concello. Preme na imaxe para veres algunha das fotos que se fixeron.


lunes, 22 de octubre de 2018

Hoxe foi a elección de delegados e delegadas no CEIP de Tarrío. Na nosa aula de 6ºA saíron elexidas Lucía e Paula como delegada e subdelegada, respectivamente. Parabéns ás dúas!

domingo, 21 de octubre de 2018

Esta semana imos estudar o funcionamento do corazón un pouco máis en profundidade. Aquí tedes os enlaces aos vídeos.



viernes, 5 de octubre de 2018

Saída a un concerto de pulso e púa

Hoxe venres 5 de outubro de 2018 os alumnos e alumnas de 6º curso fixemos unha saída ao auditorio de usos múltiples de Culleredo para asistir a un concerto de pulso e púa. A verdade é que o pasamos moi ben porque os intérpretes tocaron, fixeron xogos e charlaron cos alumnos e as alumnas.





lunes, 1 de octubre de 2018

Comezo do PLSS

Hoxe baixamos ao patio para facer unha lectura en común porque comezamos o Plan de Lectura Silenciosa Sostida, como todos os cursos. Feliz lectura!



lunes, 25 de junio de 2018

Entregámoslle a Rosa, compoñente da asociación de cans "Só lles falta falar", o emblema do colexio de Tarrío pola súa colaboración na saída ao Camiño de Santiago deste ano. Moitas grazas!


miércoles, 16 de mayo de 2018

Entrevista a Ana Liñares

O mércores día 16 de maio un equipo de ONDA 5º A formado por Airas, Jorge, Abebech, Dani e Paula entrevistaron á nosa directora Ana Liñares. O tema foi sobre a Tarriomería, que se vai celebrar o próximo día 26 deste mes.



sábado, 21 de abril de 2018

Esta vai ser a nosa imaxe de ONDA 5ºA, a radio escolar de 5º A do CEIP de Tarrío. Fai clic na imaxe e escoita a nosa promoción!

viernes, 20 de abril de 2018

Hoxe e o pasado venres, persoal do concello de Culleredo veu ao noso centro para darnos unha charla sobre Prevención do acoso escolar. Susana, Nieves e Julio fixeron durante dúas sesións un repaso sobre o que significa o acoso escolar, e sobre todo, como se pode detectar e actuar en caso de que se produza.


lunes, 16 de abril de 2018

Vídeo educativo que explica como é a reproducción humana. Pincha na imaxe.
 

sábado, 31 de marzo de 2018

Imos empezar a unidade de relación e reprodución. Aquí tedes un pequeno vídeo moi interesante.

miércoles, 7 de marzo de 2018

martes, 20 de febrero de 2018

Entroido 2018

Este ano o colexio centrou o Entroido nos espectáculos musicais. Os de quinto curso vestímonos con disfraces do musical Mamma Mía. Como chovía,  fixemos o desfile no pavillón. Despois do desfile bailamos una par de cancións que preparou Montse. Se pinchades na imaxe podedes acceder aos vídeos e ás fotos.


domingo, 21 de enero de 2018

Este venres día 19 de xaneiro, os cursos de 5º e 6º fomos ver unha actuación do grupo de percusión Odaiko. A verdade é que pasámolo moi ben porque son uns músicos estupendos que nos fixeron rir e bailar todo o tempo. Antes da actuación paseamos un pouco pola zona da Torre de Hércules e fixemos un par de fotos de recordo.