martes, 31 de mayo de 2016

Actividades de repaso de verán

Nestes dous enlaces tedes actividades de repaso de matemáticas e lingua castelá para facer durante as vacacións:

Matemáticas

Lingua castelá

sábado, 28 de mayo de 2016

Experiencia co microscopio

Ese venres día 27 veu a nai de Lucía para facer unha actividade moi interesante. Ensinounos a usar un microscopio, as súas partes e a preparar unha mostra para ver como son as nosas células. A verdade é que aprendemos moitísimo e dámoslle as grazas a Ana polo esforzo de vir á nosa aula e estar dúas horas connosco.