viernes, 2 de diciembre de 2016

Pleno Infantil 2016

Hoxe venres 2 de decembro asistimos ao Pleno Infantil que se celebra todos os anos na Casa do Concello de Culleredo para conmemorar o aniversario da Constitución. Na imaxe vemos aos concelleiros e concelleiras que representaron aos colexios do concello. En 6ºA a nosa representante foi Lucía, que o fixo moi, moi ben.

Pincha nesta imaxe para ver as fotos do Pleno Infantil de Culleredo 2016

https://drive.google.com/open?id=0B67ct747vPG3R0lGUDB4MFRLTE0

lunes, 24 de octubre de 2016

domingo, 9 de octubre de 2016

A pasada semana celebramos no patio o comezo o PLSS, así que, xa sabedes: a ler moito!
                                                 Pincha na imaxe para agrandala

martes, 27 de septiembre de 2016

Libros dixitais Netex 6º curso

Xa están á vosa disposición os PDF dos libros Netex de 6º curso. Pinchando na imaxe de abaixo se poden visualizar, descargar ou imprimir:




viernes, 9 de septiembre de 2016

Comeza o curso: xa estamos en 6º!

Parece mentira, verdade? Despois de tantos anos en Tarrío, chegamos ao noso derradeiro curso. Pero que ninguén se poña triste porque imos pasar un curso moi divertido e cheo de sorpresas e moitas cousas para aprender. Preparados, listos... imos aló!





miércoles, 22 de junio de 2016

Xa empezan as vacacións de verán! Pinchade na cabeceira do blog, en "Promoción 15-17", para ver fotos e vídeos do festival na carpeta correspondente. Se pinchades na imaxe, veredes o baile de 5º. Felices vacacións!




viernes, 10 de junio de 2016

Saída fin de curso ao Camiño de Santiago

Este ano fixemos, como xa é habitual, a saída ao tramo do Camiño entre Palas de Rei e Melide. Un día expléndido! Tedes todas as fotos e o vídeo no enlace da cabeceira deste blog, en Promoción 2015-17. Tamén podedes visualizar o vídeo directamente facendo clic nesta imaxe:


 Vídeo da excursión ao Camiño

miércoles, 8 de junio de 2016

Este martes fixemos unha saída ao Pazo de Vilaboa, en donde nos ensinaron como é un pazo típico galego e as características da época.

martes, 31 de mayo de 2016

Actividades de repaso de verán

Nestes dous enlaces tedes actividades de repaso de matemáticas e lingua castelá para facer durante as vacacións:

Matemáticas

Lingua castelá

sábado, 28 de mayo de 2016

Experiencia co microscopio

Ese venres día 27 veu a nai de Lucía para facer unha actividade moi interesante. Ensinounos a usar un microscopio, as súas partes e a preparar unha mostra para ver como son as nosas células. A verdade é que aprendemos moitísimo e dámoslle as grazas a Ana polo esforzo de vir á nosa aula e estar dúas horas connosco.