miércoles, 10 de diciembre de 2014

Pleno infantil

O cinco de decembro estivemos no concello de Culleredo para presentar as propostas do noso colexio no pleno infantil, que se celebra todos os anos nestas datas para conmemorar o aniversario da Constitución. Este ano tocounos ter alcaldesa. Rebeca, de 6º B. foi elixida para representarnos... e o fíxo estupendamente!


Saída ao teatro Colón

No mes de novembro visitamos o teatro Colón para ver a obra de teatro "O gato con botas", que resultou ser moi divertida e moi ben representada. E, ademáis, tocounos un sitio estupendo para ver a obra.

viernes, 7 de noviembre de 2014

A cova do Samaín

O día sete de novembro, pola mañá, visitamos a terrorífica cova do Samaín, onde unha fermosa meiga contounos interesantes historias do mundo dos vivos e dos mortos.

jueves, 18 de septiembre de 2014

A Volta Ciclista a España!

A verdade é que o primeiro día estivo cheo de emocións. Pola tarde vimos pasar todo o espectáculo da Volta Ciclista a España por diante do noso colexio. Todo un acontecemento!

miércoles, 17 de septiembre de 2014

Xa estamos en 6º!

Xa chegamos a 6º curso e, para comezar con forza, ímonos poñer as pilas desde o primeiro día!


viernes, 20 de junio de 2014

FIN DE CURSO 2014

Xa se vai o curso. Que rápido pasou, verdade? Para celebralo, fixemos unha festa na clase e despois bailamos unha danza no patio. Aquí vai unha foto e un vídeo. Felices vacacións!
http://youtu.be/C54dQHEdc_c

jueves, 19 de junio de 2014

5º A, CAMPIÓNS DO TORNEO DE GOLBOL!

O día 20 de xuño foi a final do torneo de golbol. O equipo gañador foi o dos "CHUNGOS", formado por alumnos e alumnas de 5º A e 5º C. Felicidades!
">video

lunes, 16 de junio de 2014

SAÍDA AO CAMIÑO DE SANTIAGO 2014

Como todos os anos, os alumnos e alumnas de 5º curso fixemos unha saída ao tramo do Camiño de Santiago Palas de Rei-Melide. Aquí tedes un pequeno vídeo e un enlace para ver as fotos.

Enlace ás fotos

martes, 27 de mayo de 2014

Teatro de Alternativa

Os alumnos e alumnas da asignatura de Alternativa prepararon unha pequena obra de teatro para a semana das Letras Galegas. A obra chámase "Os cegos e o elefante". Aquí tedes un enlace para que a poidades ver.


viernes, 14 de marzo de 2014

Protección Civil de Culleredo

O día 14 de marzo estivemos de visita nas instalacións de Protección Civil en Culleredo. Fixemos diversas actividades e aprendimos a facer a maniobra RCP e a apagar un lume, entre outras cousas. Pasámolo moi ben!


jueves, 13 de marzo de 2014

 Estas son unhas  fotos e un vídeo do festival de Entroido que fixemos no Paseo do Burgo. Este ano fomos disfrazados de Volantes de Chantada.



jueves, 16 de enero de 2014

Estas son as fotos da saída ao concerto de música clásica que fomos ver o día 16 de xaneiro. Escoitamos pezas de autores como Vivaldi, Bach, Mozart, Dvorak e outros interpretadas pola Orquestra Sinfónica de Galicia. Todo un luxo para os oídos!