jueves, 19 de diciembre de 2019

Libro de contos fantásticos

Facendo clic na imaxe podedes ver o libro de contos fantásticos deste Nadal. Os textos son os orixinais, sen corrixir, así podedes ver e traballar as posibles faltas ortográficas.


viernes, 1 de noviembre de 2019

Esta semana celebramos o Samaín e o Magosto. Se fas clic na imaxe poderás ver as fotos e un pequeno vídeo comendo as castañas.


miércoles, 9 de octubre de 2019

Elección de delegados/as

 Hoxe foi a elección de delegados e delegadas na nosa aula. Saíu elixida como delegada Julia Vázquez Teijido e como subdelegada Carlota Gil Garnacho. Parabéns ás dúas. Tamén agradecemos a todos e todas os que se presentaron ás votacións a súa participación. Grazas a todos e todas!






miércoles, 2 de octubre de 2019

Concerto de guitarra e voz

Hoxe mércores día 2 de outubro asistimos a un concerto de voz e guitarra na sala de usos múltiples do Burgo, no concello de Culleredo. Pincha na imaxe e verás máis fotos.


lunes, 30 de septiembre de 2019

O texto instructivo

Pincha na imaxe e poderás escoitar a visualización "El mar", editado por La Caixa. Este texto serve de referencia para realizar o texto instructivo na asignatura de lengua castellana.

https://www.educaixa.com/microsites/KitsCaixa_valores/visualizacion_1/

lunes, 16 de septiembre de 2019

Novo curso, novos compañeros e compañeiras

Xa estamos de novo empezando outro curso, outro novo grupo de 5º A, novas caras e moitas cousas para aprender e experimentar. Benvidas e benvidos! Imos empezar con moita ilusión porque temos grandes retos por diante!



martes, 2 de julio de 2019

Viaxe fin de Primaria a Cantabria

Xa está listo o vídeo da viaxe de fin de Primaria a Cantabria grazas a Montse, que editou o vídeo e nos pasou o enlace para podelo ver. Facede clic en Viaxes fin de Primaria,  2019 Cantabria .
Xa podemos ver o vídeo da graduación dos sextos deste curso. Moitísimas grazas á familia de Lucía López Carcedo, de 6º A,  por grabar o vídeo e pasarnos o enlace! Pincha na imaxe e poderás velo.



lunes, 24 de junio de 2019

Festa de despedida na aula

Hoxe nos despedimos. Foron dous anos xuntos nos que compartimos horas e horas de moito traballo, convivencia e emocións, moitas risas e algunha bágoa. Nunca vos esquecerei. Deica sempre!



viernes, 12 de abril de 2019

Onda Tarrío

Esta semana estivemos gravando dúas entrevistas: unha a Esperanza Monasterio, a nosa profesora de relixión e coordinadora de Medio Ambiente, e a Pepe, o antigo conxerxe do colexio. Esperanza falounos das árbores do CEIP de Tarrío e Pepe contounos cousas sobre a historia do cole.






Actividades de robótica

Xa empezamos as actividades cos robots educativos Makeblock. Montamos os robots e fixemos actividades de programación cos leds da placa Arduino. Fai clic na imaxe para veres algunhas fotos.




viernes, 29 de marzo de 2019

Día da Árbore 2019

Este ano plantamos unha árbore nova: unha noz de Macadamia. Pincha na imaxe e poderás ver o vídeo que fixo a nosa compañeira Montse, a titora de 6º B.



Concerto de música tradicional galega

O día 27 de marzo asistimos a unha actuación didáctica dos membros a Agrupación de música tradicional da Consellería de Cultura. Foi moi interesante e divertida e aprendemos moito sobre instrumentos e música tradicional galega. Se pinchas na imaxe poderás ver algunhas fotos.


lunes, 11 de marzo de 2019

Actividade no Xardín Botánico

Hoxe luns 11 de marzo estivemos nas instalacións do Botánico do Burgo, onde nos explicaron as características dalgunhas árbores e fixemos unha actividade de elaboración de xabón. Foi moi interesante! Se pinchas na imaxe poderás ver algunhas fotos.



martes, 5 de marzo de 2019

Entroido 2019

 Este ano os sextos vestímonos dos personaxes malos das famosas novelas de J. K Rowling. Pero que malos son os malos de Harry Potter!
Pincha nas imaxes para ver un par de vídeos do desfile. O de abaixo foi feito pola nosa compañeira de 6º B, Montse.




domingo, 17 de febrero de 2019

Taller de reciclaxe

Durante o mes de febreiro as clases de 6º fixemos un taller de reciclaxe con materiais que trouxemos das casas. Fixemos cousas moi creativas! Pincha na imaxe para veres as fotos.