viernes, 29 de marzo de 2019

Día da Árbore 2019

Este ano plantamos unha árbore nova: unha noz de Macadamia. Pincha na imaxe e poderás ver o vídeo que fixo a nosa compañeira Montse, a titora de 6º B.



Concerto de música tradicional galega

O día 27 de marzo asistimos a unha actuación didáctica dos membros a Agrupación de música tradicional da Consellería de Cultura. Foi moi interesante e divertida e aprendemos moito sobre instrumentos e música tradicional galega. Se pinchas na imaxe poderás ver algunhas fotos.


lunes, 11 de marzo de 2019

Actividade no Xardín Botánico

Hoxe luns 11 de marzo estivemos nas instalacións do Botánico do Burgo, onde nos explicaron as características dalgunhas árbores e fixemos unha actividade de elaboración de xabón. Foi moi interesante! Se pinchas na imaxe poderás ver algunhas fotos.



martes, 5 de marzo de 2019

Entroido 2019

 Este ano os sextos vestímonos dos personaxes malos das famosas novelas de J. K Rowling. Pero que malos son os malos de Harry Potter!
Pincha nas imaxes para ver un par de vídeos do desfile. O de abaixo foi feito pola nosa compañeira de 6º B, Montse.