martes, 31 de octubre de 2017

Samaín 2017

Hoxe martes, 31 de outubro, celebramos o Samaín. Pola mañá estivemos facendo xogos moi divertidos e pola tarde comemos as castañas. Un día moi divertido! Se pinchas na imaxe podes acceder ás fotos e os vídeos.


jueves, 19 de octubre de 2017

Hoxe día 19 de outubro foi a elección de delegado/a de clase. Despois dunha emocionante votación, saíu elexida delegada Iria Rodríguez Iglesias e como subdelegado Airas Prada Seoane. Aquí vemos aos dous felicitándose despois da votación. Parabéns aos dous!

lunes, 16 de octubre de 2017

Visita a Protección Civil de Culleredo

O luns 16 de outubro fixemos unha saída ás instalacións de Protección Civil de Culleredo. Aprendemos como funciona e con que medios contan. Tamén a facer unha RCP, como actuar en caso de incendio... e a apagar lumes con mangueira e con extintores. Foi moi divertido e interesante!
Se fas clic na imaxe, poderás ver fotos e un vídeo.
https://drive.google.com/open?id=0B5izuarjiXBbRlNGcGtaOWp0ZVU