miércoles, 20 de diciembre de 2017

Aves da ría do Burgo

O luns día 18 de decembro fixemos unha saída á ría do Burgo, organizada polo concello de Culleredo, para aprender que especies de aves habitan alí e como se coidan e censan as súas poboacións. Pincha na imaxe e poderás ver algunhas fotos da saída.

https://drive.google.com/open?id=1IMS20D8iPPf4vOy5zjVhazzT9Yj9HJdv

martes, 31 de octubre de 2017

Samaín 2017

Hoxe martes, 31 de outubro, celebramos o Samaín. Pola mañá estivemos facendo xogos moi divertidos e pola tarde comemos as castañas. Un día moi divertido! Se pinchas na imaxe podes acceder ás fotos e os vídeos.


jueves, 19 de octubre de 2017

Hoxe día 19 de outubro foi a elección de delegado/a de clase. Despois dunha emocionante votación, saíu elexida delegada Iria Rodríguez Iglesias e como subdelegado Airas Prada Seoane. Aquí vemos aos dous felicitándose despois da votación. Parabéns aos dous!

lunes, 16 de octubre de 2017

Visita a Protección Civil de Culleredo

O luns 16 de outubro fixemos unha saída ás instalacións de Protección Civil de Culleredo. Aprendemos como funciona e con que medios contan. Tamén a facer unha RCP, como actuar en caso de incendio... e a apagar lumes con mangueira e con extintores. Foi moi divertido e interesante!
Se fas clic na imaxe, poderás ver fotos e un vídeo.
https://drive.google.com/open?id=0B5izuarjiXBbRlNGcGtaOWp0ZVU

sábado, 23 de septiembre de 2017

Chegou o outono e empezamos a notar cambios ao noso arredor. Neste vídeo podes aprender como se producen as estacións.

lunes, 26 de junio de 2017

martes, 20 de junio de 2017

Xa tedes nas ligazóns de viaxes de fin de primaria a correspondente ao curso 2017. Este ano fixemos unha saída de catro días ao parque Pena Aventura, preto de Vila Real ao norte de Portugal. Se fas clic na imaxe tamén terás aceso ao vídeo e ás fotos. En días sucesivos iremos engadindo máis material.


lunes, 15 de mayo de 2017

Actividades do Seminario Galán sobre Carlos Casares
Día das Letras Galegas. 

Pincha na imaxe
http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/



domingo, 7 de mayo de 2017

Charla sobre a enerxías

Este venres día 5 Ignacio, o pai de Martín, veu á nosa aula a falar da súa experiencia na central eléctrica de Savón. Explicounos que se trata dunha central de ciclo combinado e falounos das súas características. Tamén fixo un percorrido polos diversos tipos de centrais eléctricas, do seu uso no noso país e acabou dándonos uns consellos para non gastar máis enerxía da necesaria. Foi unha charla moi interesante e aprendimos moito con ela!



jueves, 2 de marzo de 2017

Falando de proporcionalidade... Sabedes que é un pantógrafo de debuxo?
Pincha aquí para sabelo. Pantograph animation
A ver se eres capaz de facer un e traelo a clase!

Pincha na imaxe para aprender a facer a regla de tres simple directa e inversa:

martes, 28 de febrero de 2017

Entroido 2017
Pincha aquí para veres as fotos do desfile de Entroido deste ano.
Se queres ver o vídeo, fai clic nesta imaxe:



miércoles, 8 de febrero de 2017

martes, 7 de febrero de 2017

lunes, 6 de febrero de 2017

lunes, 30 de enero de 2017

Neste vídeo podedes aprender a debuxar unha neurona e aprender as súas partes.