jueves, 24 de diciembre de 2020

lunes, 2 de noviembre de 2020

 Este é o enlace para poñer a versión nova de Google Chrome no ordenador, cun vídeo explicativo.

Facede clic neste enlace. Copiar e pegar na barra de navegación. Despois, seguir as instruccións do vídeo explicativo.


https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/noticia/publicada-una-version-del-navegador-optimizado-para-el-uso-del-servicio-de-videoconferencia


miércoles, 21 de octubre de 2020

Elección da delegada e o subdelegado da clase

Hoxe foi a elección dos representantes da clase de 6º A. Saíu elexida como delegada Julia Vázquez Teijido e como subdelegado, Martín Fraga Miramontes. Parabéns aos dous!



domingo, 27 de septiembre de 2020

 A partir de agora tedes un novo enlace chamado "TAREFAS CURSO 20-21" onde podedes ver os traballos, tarefas e probas obrigatorias para os trimestres. Está á dereita, na páxina principal do blog.

sábado, 12 de septiembre de 2020

 Ola outra vez a toda a clase! Imos empezar sexto curso despois de estar case seis meses sen estar xuntos por culpa do COVID, aínda que non deixamos de estar en contacto para traballar e vernos a través de Meet. Por se esquecéchedes como entrar en Classroom,  aquí poño un videotutorial de axuda. Feliz entrada de curso!


viernes, 24 de abril de 2020

Actividades Edixgal do terceiro trimestre Covid 19

Nova forma de entrar nas actividades de Edixgal Covid 19:
Entrades en Edixgal, asignatura Ciencias da Natureza, como ata agora e seguides estes pasos:



Pincha na imaxe para aumentar o tamaño

domingo, 19 de abril de 2020

Horario durante o confinamento polo coronavirus

Os profes de 3º ciclo puxemos un horario para facer actividades durante a semana. Tedes que ver cada día da semana que profe pon tarefas da súa asignatura. Por exemplo, en 5º, os titores imos poñer actividades de mates e lengua os luns, e de lingua galega e ciencias os mércores, pero estas actividades son para repartir durante a semana. O mesmo para o resto das asignaturas, cada profe ponas o día que lle toca e vós repartides o traballo durante os días da semana. O horario é este:

viernes, 17 de abril de 2020

jueves, 16 de abril de 2020

A partir de hoxe, o enlace para as actividades do coronavirus    
está na barra de navegación, onde indica a frecha.

lunes, 13 de abril de 2020

Ola, clase! A partir do día 24 de abril reanudamos as actividades do coronavirus. O enlace é o de sempre, na parte superior dereita do blog, ACTIVIDADES CORONAVIRUS. 

domingo, 12 de abril de 2020

Tutorial Classroom Rafa

Ola, aquí está o tutorial para entrar en Google Classroom e en Google Meet. Facede clic na imaxe.




viernes, 10 de abril de 2020

Configurar o correo electrónico

Ola, neste pequeno tutorial explico como tedes que facer para utilizar o correo electrónico e así poder empezar a traballar con Classroom e videoconferencia.


martes, 7 de abril de 2020

Ola, clase! Neste tempo de Semana Santa podedes aproveitar para ler relatos e cómics. Pinchando na imaxe tedes acceso a varias publicacións. 



viernes, 3 de abril de 2020

A nosa compañeira Montse, a nai de Anxo,  enviou un enlace para facer unhas actividades moi chulas durante a Semana Santa. Son actividades da editorial SM para viaxar de forma virtual por varios países do mundo e coñecelos mellor. Grazas, Montse! Facendo clic na imaxe podedes acceder á páxina. 



jueves, 2 de abril de 2020

Durante o tempo de Semana Santa seguiremos estando en contacto. O que queira conectarse ao chat diario, pode facelo para non perder o contacto entre nós. Non vou poñer actividades diarias, pero se pinchades no enlace de arriba, onde pon RECURSOS WEB tedes uns cantos enlaces a xogos para aprender e divertirse. Practicade todos os días un pouco co programa de mecanografía!

miércoles, 1 de abril de 2020

Un novo recurso para que pasedes o tempo xogando e aprendendo na Semana Santa, xa que non haberá actividades de estudo.
Facede clic arriba onde pon recursos web. 

martes, 31 de marzo de 2020

Aquí tedes un enlace aos contos de Nadal que traballamos na clase, por se queredes recordar o voso traballo e os dos vosos compañeiros e compañeiras. Facer clic na imaxe.



miércoles, 25 de marzo de 2020

Traballo de música

Lembrade que debedes enviar o traballo de música outra vez. Hai un enlace en Edixgal na asignatura de CIENCIAS DA NATUREZA.

martes, 24 de marzo de 2020

Xogos de educación física na casa

A profe Sandra propón unhas actividades para mover o corpo e para facer en familia. Fai clic na imaxe e poderás velas.


lunes, 23 de marzo de 2020

A profe de música, Patricia, ten un blog onde explica a canción que soa cada semana no cole. Póñovos o enlace ao seu blog porque podedes facer tamén as actividades musicais que vos propón. Facede clic na imaxe!

lunes, 16 de marzo de 2020

Chat de 5º A

Ola a toda a clase! Todos os días ás 12:00 se inicia un chat para preguntar dúbidas sobre os traballos. Para iniciar o chat debedes ir a Edixgal, asignatura de ciencias da natureza, especial coronavirus e pinchar en 5º A virtual. 
Publicadas as actividades para o luns 23 de marzo. Pinchando aquí podedes acceder a elas. Feliz día!

sábado, 14 de marzo de 2020

Actividades "coronavíricas"   


Ola a toda a xente de 5ºA! Durante o tempo que dure esta etapa do curso, na que imos traballar dende a nosa casa, este blog será o canle de comunicación entre vós e o voso profe para dedicar un tempo de cada día a facer algunhas tarefas, lecturas ou algunha outra actividade que vos servirá para non perder o ritmo de traballo e así, cando volvamos ao cole, estar en plena forma. Pinchando aquí iredes a un enlace de texto en donde iremos vendo as distintas actividades. Todo o material está nun bloque de Edixgal na asignatura de Ciencias da Natureza que se chama "Especial coronavirus".















viernes, 6 de marzo de 2020

Taller de folclore galego

Se pinchas na imaxe verás algunhas fotos da actividade que a asociación Ancoradoira do Burgo presentou no colexio para o alumnado de 5º curso.