jueves, 19 de diciembre de 2013

Nadal 2013

Este ano fixemos un estupendo festival de Nadal. Cantamos unha canción e fixemos unha obra de teatro en inglés.


viernes, 13 de diciembre de 2013

Saída ao teatro

O venres 13 fomos ao teatro do Fórum Metropolitano a ver a obra "Adiós Bienvenida". Foi unha obra moi divertida e ao final houbo un longo aplauso.

Samaín 2013

Este ano visitamos coma sempre a Cova do Samaín. Alí pasamos moito medo e escoitamos un conto terrorífico!


martes, 5 de noviembre de 2013

Exposición de buxainas en Culleredo

O dia 5 de outubro fomos ver unha exposición de buxainas no Xardín Botánico de Culleredo. Pasámolo moi ben porque fixemos actividades de debuxo cunhas buxainas feitas de cedés vellos e rotuladores e despois vimos a exposición e xogamos con textos e pinturas.
Unha visita moi recomendable!

viernes, 18 de octubre de 2013

Xa comezamos o novo curso!

O curso 2013-14 xa comezou con novos alumnos e alumnas e novos retos por diante. Quédannos dous cursos para aprender moito e procurar pasalo moi ben. Benvidos e benvidas!


viernes, 21 de junio de 2013

Adeus, Tarrío

Marchamos do cole de Tarrío con pena, pero tamén con alegría polas cousas novas que temos por diante. Deica sempre!


jueves, 23 de mayo de 2013

Traballo sobre Andy Warhol

Mirade que bonito nos quedou o traballo que fixemos para plástica coa nosa profesora Chose! É unha serie coas nosas fotos retocadas cun programa de ordenador ao estilo de Andy Warhol.