viernes, 24 de abril de 2020

Actividades Edixgal do terceiro trimestre Covid 19

Nova forma de entrar nas actividades de Edixgal Covid 19:
Entrades en Edixgal, asignatura Ciencias da Natureza, como ata agora e seguides estes pasos:



Pincha na imaxe para aumentar o tamaño

domingo, 19 de abril de 2020

Horario durante o confinamento polo coronavirus

Os profes de 3º ciclo puxemos un horario para facer actividades durante a semana. Tedes que ver cada día da semana que profe pon tarefas da súa asignatura. Por exemplo, en 5º, os titores imos poñer actividades de mates e lengua os luns, e de lingua galega e ciencias os mércores, pero estas actividades son para repartir durante a semana. O mesmo para o resto das asignaturas, cada profe ponas o día que lle toca e vós repartides o traballo durante os días da semana. O horario é este:

viernes, 17 de abril de 2020

jueves, 16 de abril de 2020

A partir de hoxe, o enlace para as actividades do coronavirus    
está na barra de navegación, onde indica a frecha.

lunes, 13 de abril de 2020

Ola, clase! A partir do día 24 de abril reanudamos as actividades do coronavirus. O enlace é o de sempre, na parte superior dereita do blog, ACTIVIDADES CORONAVIRUS. 

domingo, 12 de abril de 2020

Tutorial Classroom Rafa

Ola, aquí está o tutorial para entrar en Google Classroom e en Google Meet. Facede clic na imaxe.




viernes, 10 de abril de 2020

Configurar o correo electrónico

Ola, neste pequeno tutorial explico como tedes que facer para utilizar o correo electrónico e así poder empezar a traballar con Classroom e videoconferencia.


martes, 7 de abril de 2020

Ola, clase! Neste tempo de Semana Santa podedes aproveitar para ler relatos e cómics. Pinchando na imaxe tedes acceso a varias publicacións. 



viernes, 3 de abril de 2020

A nosa compañeira Montse, a nai de Anxo,  enviou un enlace para facer unhas actividades moi chulas durante a Semana Santa. Son actividades da editorial SM para viaxar de forma virtual por varios países do mundo e coñecelos mellor. Grazas, Montse! Facendo clic na imaxe podedes acceder á páxina. 



jueves, 2 de abril de 2020

Durante o tempo de Semana Santa seguiremos estando en contacto. O que queira conectarse ao chat diario, pode facelo para non perder o contacto entre nós. Non vou poñer actividades diarias, pero se pinchades no enlace de arriba, onde pon RECURSOS WEB tedes uns cantos enlaces a xogos para aprender e divertirse. Practicade todos os días un pouco co programa de mecanografía!

miércoles, 1 de abril de 2020

Un novo recurso para que pasedes o tempo xogando e aprendendo na Semana Santa, xa que non haberá actividades de estudo.
Facede clic arriba onde pon recursos web.